A vontade de cambiar. Homes, masculinidade e amor. (Gallego)
El precio original era: €17,05.€5,12El precio actual es: €5,12.
Descripción
Neste libro bell hooks convoca os homes para o cambio e chama as mulleres a axudar nesa transformación. Preséntasenos, xa que logo, unha nova masculinidade. Unha masculinidade feminista. Debemos matar o home patriarcal para que agrome o novo home feminista. A vontade de cambiar trata sobre a necesidade de vivir nun mundo onde as mulleres e os homes poidan pertencerse uns aos outros. Observando as razóns nas que o patriarcado sustentou o seu poder sobre os homes e as súas vidas, a autora reclama o feminismo para os homes, amosando por que o pensamento e a práctica feministas son o único xeito de resolver a crise da masculinidade. Non obstante, tal e como subliña bell hooks, non podemos pedirlles a nenos e homes que cambien sen ofrecerlles unha cultura para o cambio. A definir e presentar esa cultura están dedicadas as páxinas deste libro.
- Autor/es hooks, bell
- ISBN13 9788484876229
- ISBN10 8484876225
- Páginas 480
- Año de Edición 2023
- Idioma Gallego





